coruna 15/10/2015

Xulio Ferreiro visita a fábrica de Estrella Galicia, empresa coa que aposta por manter “unha fluída colaboración”

by Victor Lamela

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, visitou este mércores a fábrica de Estrella Galicia no polígono de Agrela, onde foi recibido por Ignacio Rivera, conselleiro delegado de Hijos de Rivera, así como por Antonio Castelo, Director Xeral, e Ignacio Viejo, Director de Relacións Institucionais. Despois de pasear polas instalacións, Ferreiro cualificou de “grande empresa da cidade” á cervexeira e quixo reafirmar o apoio do seu goberno “á industria local e á creación de postos de traballo, cuestión esta última que significa unha prioridade absoluta para nós e un obxectivo no que traballaremos man a man con todas aquelas institucións e compañías que estean na mesma liña, como pode ser a que hoxe visitamos”.

unnamed

Nun encontro que cualificou de “frutífero e con moi bo entendemento”, o alcalde asegurou que “desde o Concello da Coruña apostamos por manter unha fluída colaboración con Hijos de Rivera, existindo disposición por ambas partes para impulsar e axilizar proxectos que supoñan riqueza para a cidade así como por explorar a posibilidade de ampliar os posibles campos de traballo en común”.

Ferreiro, por último, destacou a cordialidade que existía e existe nas relacións entre o novo goberno local e a dirección de Estrella Galicia.

A %d blogueros les gusta esto: