Uncategorised 13th marzo 2019

Xustiza Social abre a vindeira semana o prazo de solicitar unha praza no programa Recuncho de xogo, que organiza actividades lúdicas infantís durante a Semana Santa

by Victor Lamela

A Concellería de Xustiza Social e Coidados abre a vindeira semana o prazo para solicitar praza nunha nova edición do Recuncho de xogo, o programa de actividades lúdicas dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos para os días laborables da Semana Santa. A iniciativa, que forma parte da oferta da concellería para facilitar a conciliación familiar e ofrecer un espazo de xogos próximo, nos barrios, durante as súas vacacións dos e das menores, amplía este ano o seu número de prazas de 400 ata as 460, entre as que a Concellería de Xustiza Social re​serva prazas para nenas e nenos con necesidades especiais e tamén para menores en situación de vulnerabilidade.

As actividades terán lugar en horario de mañá, entre as 10.00 e as 13.30 horas e o custo será de 7 euros por participante. Tamén existe a posibilidade de solicitar o horario ampliado das actividades —de 09.00 a 14.00 horas–, que se oferta en sete dos 20 centros cívicos que participan. Este horario estendido está dispoñible en O Castrillón, Os Mallos, Mesoiro, Os Rosales, Monelos, Monte Alto e San Diego. O prezo de inscrición do horario ampliado é de 11 euros por nena ou neno participante.

As familias interesadas en preinscribir a menores nados entre o 1 de xaneiro de 2007 e o 31 de decembro de 2015 poden facelo nos días 22, 23 e 25 de marzo de 11.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas no centro cívico no que se desexe realizar a actividade. O día 25 de marzo ás 20.15 horas realizarase un sorteo público das prazas en cada centro cívico, e a exposición de listados provisionais de persoas admitidas e de reservas estará dispoñible desde o 5 de abril. A continuación, deberase realizar a inscrición final para confirmar a praza nos días 8, 9 e 10 de abril no mesmo equipamento e horario onde se realizou a preinscrición.

A %d blogueros les gusta esto: