COMER 28 agosto, 2020

A ruta xacobea pasa pola Real Academia de Belas Artes coa exposición “Facer camiño”

by Alexia Prieto

O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, acudiu á inauguración da exposición itinerante “Facer camiño”, na sede da Real Academia Galega de Belas Artes, nun acto en que tamén participaron o presidente da institución, Manuel Quintana Martelo, e o conselleiro de Turismo en funcións, Román Rodríguez.

A mostra, que se enmarca no programa do Xacobeo 2021, está composta por 23 pezas entre pinturas, esculturas e fotografías, que se inspiran no Camiño de Santiago. Manuel Buciños, Ignacio Basallo, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo, Rafael Úbeda e Miguelanxo Prado forman parte desta colectiva que está percorrendo toda Galicia.