ESPECTACULOS 6 febrero, 2019

A tercerira edición do Rastro de San Agustin consolida a proposta de eventos de segunda man na cidade

by Victor Lamela

Dende a súa primeira edición en Novembro ata hoxe multitude de xente mostrase interesada por O Rastro que se celebra no mercado de San Agustin. A organización confirma a boa aceptación que está tendo este evento na cidade.

Esta fin de semana celebra a súa terceira edición. O vindeiro Sábado 09 e Domingo 10 de  o Mercado de San Agustín volveráse a convertir nun gran RASTRO. Roupa, discos, libros, cámaras, xogos mobles e antigüedades ocuparán toda a primeira planta no Merdado de San Agustín. Tanto particulares coma tendas especializadas aproveitarán esta fin de semana para vender as súas pezas de segunda man.

Coma sempre o horario habitual será Sábado de 11:00h – 21:00h e Domingo de 11:00h a 19:00h acompañado de música e concertos como o que dará Edu Calvario na sesión vermú do Sábado, ou Os Piñeiros no Domingo. Ademáis contaráse coma sempre con xogos infantís gratuítos para os mais pequeños.

Para se inscribir e poder participar informarse en galeriassanagustin@gmail.com ou ben no punto de información os días do evento.