ESPECTACULOS 4 diciembre, 2018

AVISO: A Praza de María Pita acolle dende mañá atraccións infantís, actuacións de teatro, maxia e contacontos e unha tenda solidaria, dentro da programación municipal para o Nadal

by Victor Lamela

​​O espazo de Nadal na Praza de María comeza mañá as súas actividades lúdicas, dirixidas especialmente cara aos nenos e as nenas e organizadas pola Concellería de Emprego e Economía Sostible. Dende mañá, 5 de decembro, os e as máis pequenas poderán gozar das atraccións, actuacións de maxia, teatro, circo e conta contos e dúas casetas nas que estarán Papa Noel e na que se situará a Casa dos xoguetes, unha iniciativa que fomenta a reutilización dos xoguetes e a economía circular. O alcalde, Xulio Ferreiro, dará hoxe inicio ás actividades do Nadal no acto de acendido da iluminación para estas festas, que correrá a cargo de parte do reparto da serie ​Fariña​. A cita é esta tarde ás 20.00 xunto a bola de luces situada na avenida da Mariña.

Tanto na carpa instalada na praza como no exterior, estarán en funcionamento dende o día 5 e ata o día 2 de xaneiro as atraccións infantís, entre as que se contan un carrusel clásico, un tren sobre vías, unha noria, dous atraccións de saltos, inchables e photocalls. Os horarios de funcionamento ata o día 21 de decembro son de luns a venres pola tarde, de 17.00 a 20.00 horas, e sábados e domingos de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. A partires do día 21, os horarios amplíanse tamén ás mañás. Así, abrirán de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas, coas excepcións dos días 24 e 31 de decembro, cando as atraccións pecharán unha hora antes, ás 19.00 horas.

A caseta de Papa Noel, que pechará o 24 de decembro, tamén terá tres quendas de horarios. Na primeira, ata o día 21, abrirá só en horario de tarde (de 17.00 a 20.00 horas) e nas fins de semana (de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas). Os días 22 e 23, os nenos e as nenas poderán visitar a Papa Noel de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas, mentres que o día 24 pechará ás 19.00 horas. A partir do día 26, nesta caseta haberá obradoiros infantís tanto polas mañás como polas tardes. A tenda solidaria a Casa dos Xoguetes, volverá un ano máis á Praza de María Pita, onde estará operativa ata o día 2 de xaneiro. Esta caseta, que serve como punto de intercambio de obxectos, está impulsada pola Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras (OMIC) e ten por lema ​Un agasallo, un sorriso​. O proxecto, de carácter solidario e que trata de favorecer a segunda vida dos obxectos e o consumo responsable para o que é posible realizar doazóns desinteresadas de produtos deseñados ou previstos para seren utilizados con fins de xogo por nenas e nenos de até 14 anos. Dende que se abriu o prazo para a doazón, xa foron depositados máis de 1.500 destes produtos nas oficinas do OMIC. Dende o luns, a súa entrega pode realizarse na propia caseta de María Pita.

Programación de teatro, circo e contos

Ademais, o Nadal na praza de María Pita contará con actividades lúdicas relacionadas coa maxia, o circo, o teatro e os contos que se celebrarán no iglú situado no espazo. A programación realízase en horario de tarde, ás 18.00 horas entre os días 5 e 21 de decembro e comeza o día 5 co espectáculo ​Enigma ​de Chrystyan Magic. O 6 será a quenda de ​Momentos máxicos de Mago Rafa, o día 7 Fani Triana levará a escena Fantasía dos sentidos​. O 8 de decembro toca teatro conPrepara la Navidad con Gemola,​ desta compañía, mentres que o domingo 9 haberá un ​Conto para un inverno baixo as mantas de Caxoto Contacontos. ​Un Paxe Real en apuros​, tamén de Caxoto Contacontos, chegará o 14 de decembro, nos dous días seguintes, o 15 e o 16, a compañía Asacocirco representará os espectáculos ​BB Circus (Open Air) e ​Asacocirco Show​. O venres 21 continuarán as actuacións relacionadas co circo, desta volta da man de Sue Moreno con ​4.0.​Dende día 22 de decembro, o iglú acollerá sesións pola mañá (ás 13.00 horas) e polas tardes (ás 18.00 horas). Ese sábado haberá teatro con Linocho e a lúa e ​O espírito do bosque​, ambas de Títeres Falcatrúa. O Domingo Gemola fai sesión doble de ​Navidad para toda la familia con Gemola e o luns 24 o mago Rafa representa ​InfantilMagia pola mañá e ​Historias de un ilusionistapola tarde. O día 25 Martín Camiña pon a maxia con ​Abraios Sonoros​, xunto a Álvaro Muras, e con ​Intres de maxia durante a tarde. O mércores 26 haberá improvisación de teatro da man de Noemí Miranda e Marta Iglesias en ​Impro Eureka e pola tarde en ​Pizpireta e Rigolina.​ O xoves 26 volve Chrystyan Magic con ​Alén da maxia na mañá e ​Kimera ​na tarde, mentres que o día 28 é a quenda dos contos de Raquel Quiezás con ​Ven a conto ​ás 13.00 horas e ​O eco das pedras ás 18.00 horas. O penúltimo día de actividades no iglú haberá circo, cos espectáculos de Asacocirco e, para rematar, o día 30, Baobab Teatro representará ​Contos para un caldiño na mañá eBailando cos contos pola tarde.​