QUE VISITAR 20 junio, 2019

DESTACADO: A Deputación da Coruña organiza este verán visitas guiadas para coñecer a súa sede

by Alexia Prieto

O Pazo Provincial, sede administrativa da Deputación da Coruña, permanecerá aberto a todos os cidadáns e cidadás na tempada estival con motivo da campaña “Visitas guiadas ao Pazo Provincial. Historia entre catro paredes”.

Esta segunda edición da campaña conta con dez quendas de visitas guiadas dunha hora de duración, aproximadamente. O percorrido da visita guiada comezará no vestíbulo do Pazo Provincial e, da man dun guía profesional, poderáse coñecer a historia do edificio, percorrer as principais salas, contemplar unha vista panorámica desde as súas terrazas e descubrir as historias humanas vividas entre as súas paredes.

As visitas guiadas, de carácter gratuíto, terán lugar todos os mércores desde o 3 de xullo ata o 4 de setembro.

As visitas xa poden reservarse a través do correo electrónico visitaspazoprovincial@dacoruna.galou ben chamando ao número de teléfono 622654135.

Máis información: www.dacoruna.gal/informacion-dixital/visitas-guiadas