Sin categoría 28 julio, 2016

Este sábado nos Xardins de Xardíns de Méndez Núñez comeza “Mostrart”

by Victor Lamela

O próximo sábado 30 de xullo as 12 h. terá lugar a inauguración da edición número 32 da feira de artesanía Mostrart, a máis importante de Galicia, que contará ca participación de 56 expositores, na súa maioría obradoiros artesáns profesionais de toda Galicia, excepto tres invitados que proceden de Zaragoza, Guadalajara e Francia.

Os expositores se repartirán en 46 casetas, participando algún deles a primeira parte da feira e outros a segunda.

Captura de pantalla 2016-07-28 a las 22.12.46

Como é habitual en todalas edicións, novos artesáns acuden por primeira vez. Neste caso, ademáis dalgún dos invitados de fora de Galicia, contará ca participación de 8 novos obradoiros: Cunqueiro, torneiro de madeira de Palas de Rei (Lugo); Carla Alfaia, xoieira da Coruña; Senda, marroquineiros de Poboa de Brollón (Lugo); Marina Seoane, ilustradora e tecedora de Oleiros (A Coruña); Traxandaina, obradoiro de traxes tradicio- nais de Lugo; Pilar Cupeiro, lámpadas de Cospeito (Lugo), Belategui Regueiro, textil de Cambre (A Coruña) e Uxía Bega, xoieira de Vilagarcia de Arousa (Pontevedra).

Nova ubicación

Este ano Mostrart estrena nova ubicación nos Xardíns de Méndez Núñez, frente o Can- tón Pequeno (tradicionalmente empregado para a celebración da Feira do Libro), un es- pazo moito máis amplo e cómodo para a visita.

A feira conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Fundación Centro Galego da Arte- sanía e do Deseño, do Concello da Coruña e da Deputación Provincial da Coruña.

Mostrart é unha feira promovida pola Asociación Galega de Artesáns (AGA), que ten a súa sede na Coruña. AGA é unha asociación profesional que traballa na promoción da ar- tesanía dende 1983, e conta con socios en toda Galicia.

Listado de expositores completo, cartel da feira en alta resolución e plano de distribución en www.mostrart.org