COMPRAR 28 marzo, 2019

Galerías San Agustín culmina esta fin de semana coa última edición do Rastro

by Alexia Prieto

Tras un ano levando a cabo eventos de dinamización na primeira planta do mercado de San Agustín o vindeiro sábado 30 e Domingo 31 de Marzo, celebrárase a último evento do proxecto Galerías San Agustín. A axencia creativa Aparit Studio, gañadora da licitación, culmina o ano adxudicado co último gran rastro que se celebrará na cidade, quedando á espera de poder retomalo despois do verán.

Coma as edicións anteriores do Rastro os participantes aproveitarán para vender roupa, discos, libros, cámaras, xogos mobles e antigüedades na primeira planta do mercado. Tanto particulares coma tendas especializadas aproveitarán esta fin de semana para vender as súas pezas de segunda man.

Coma sempre o horario habitual será Sábado de 11:00h – 21:00h e Domingo de 11:00h a 19:00h acompañado de música e concertos como o que dará Edu Calvario na sesión vermú do Sábado, e o dueto Marina e Fran o Domingo.

Para se inscribir e poder participar escribir a galeriassanagustin@gmail.com