ESPECTACULOS 12 abril, 2018

Galerías San Agustín da comezo á Primeira Edición de “Creadores” esta fin de semana

by Victor Lamela

O próximo Sábado 14, de 11 a 21h e o Domingo 15 de 11 a 17h, mais de 20 marcas estarán presentes no Mercado de San Agustín, a longo da fin de semana. 

Unha cita obrigada de lecer e cultura que reúne deseño e tendencia nun entorno de gastronomía, cervexa e música.

Contaremos con concertos, actividades, sorteos, globos para os máis pequenos, co firme obxectivo de apoiar aos novos emprendedores e marcas emerxentes. Desta maneira comeza a primeira edición de “Galerías San Agustín” tras a exitosa inauguración que tivo lugar o pasado 24 e 25 de Marzo

Complementos, arte, moda, decoración, xoiería creativa, cerámica, ilustracións serán moitos dos produtos que poderanse encontrar neste mercado. Deseño e tendencia serán os protagonistas deste evento que ten como slogan #marketlovers

Ademáis das marcas expositoras, contaremos coa participación de diferentes negocios de hostelería da zona: La Teresa, Chirashizushi e Croqueta y Presumida entre outros, ofrecerán os seus mellores bocados ao longo de todo o evento, convertindo Galerías San Agustín no mellor plan da cidade desta fin de semana.

AXENDA 14 Y 15 ABRIL 

SÁBADO

12.00-14.00TALLER DE EXPRESIÓN CORPORAL

CON “MAR DE HILOS

14.00-16.00SESION VERMÚ DJ CHIS

17.00-19.00TALLER CREATIVO DE INICIACIÓN DAS ARTES PLÁSTICAS CON “MAR DE HILOS

17.00-18.00TALLER “CREA UN XOGUETE PARA A TÚA MASCOTA”CON BICHOH!

18.00-19.00TALLER “DA IDEA AO ESCAPARATE”

CON LUPYTA BAGS  

19.00-20.30CONCIERTO ALDA VAREZ Y RICHI PONTE

 

DOMINGO

12.30-13.30PASE EXPRÉSS “MAR DE HILOS”

14.00-14.30ACTUACIÓN MAGO MARCOS

14.30-16.30SESION VERMÚ CONDJ GIAMORETTI