ESPECTACULOS 27 julio, 2020

La feria de artesanía MOSTRART vuelve este Jueves a Coruña

by Alexia Prieto

A feira de artesanía MOSTRART, que se celebra na Coruña dende 1985, abrirá a súa edición número 36 o xóves 30 de xullo (inauguración prevista as 12 h.), e poderá visitarse ata o día 13 de agosto nos Xardíns de Ménez Núñez, no Paseo das Palmeiras, fronte o Kiosko Alfonso.

Este ano Mostrart acolle a 28 artesáns profesionais de diferentes lugares de Galicia, practica- mente todos acollidos ó sistema da Marca oficial da Artesanía de Galicia, e un obradoiro invitado que procede de Madrid.
Os expositores repartiranse en 26 casetas, participando algún deles na primeira parte da feira e outros na segunda ou compartindo a caseta durante toda a feira.

Destaca a incorporación de oito novos obradoiros que participan por primeira vez en Mostrart:

Lucecús, bonequeiras de Guitiriz (Lugo) Patapum, pintura e decoración de Quiroga (Lugo) Xakarandá, xoieira de Marín (Pontevedra)
Cuero y Alma, coiro de Madrid
Merina, téxtil de Barcelona.

A feira conta co apoio da Xunta de Galicia, da Fundación Pública Artesanía de Galicia, e do Con- cello da Coruña.

Este ano, a organización de Mostrart aplica un protocolo de seguridade para prevención do Covid-19, que, ademais de contemplar as recomendacións básicas de distanciamento e lim- peza, permitirá visitar a feira nun sentido único e con control de aforo.

Un agradable paseo ó aire libre que permite á visita a feira con total seguridade, para coñecer as últimas produccións dos obradoiros artesáns que traballan en Galicia.

Mostrart está organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA), que ven traballando na promoción da artesanía dende 1983.

Listado de expositores con datos e enlaces, cartel da feira en alta resolución e plano de distribu- ción en www.mostrart.org