ESPECTACULOS 4 agosto, 2020

O Noroeste Estrella Galicia retransmitirase ao completo vía streaming

by Alexia Prieto

Coruña sempre foi unha cidade aberta ás correntes internacionais de ámbito cultural, e o Festival Noroeste Estrella Galicia un dos seus mellores escaparates posibles para ensinar a cultural galega ao resto do mundo.

Onte presentaba a súa 34 edición cun novo formato XS, e unha cita reformulada cun cartel integrado por artistas galegas repartidas en tres días cun total de dezaséis propostas, todo entre o 7 e o 9 de agosto, coa presenza de artistas con gran percorrido como Triángulo de Amor Bizarro, Víctor Coyote, Laura LaMontagne & PicoAmperio, Pardo ou Viúda Gómez e hijos.

Estos espectáculos ao vivo irán máis aló da cidade a pesar das dificultades impostas pola pandemia. Será unha edición que tamén poderá gozarse online desde a  páxina web  do Festival (www.festivalnoroeste.com),  do 7  ao 9 de  agosto de catorce  concertos e dous viveiros que se sucederán simultáneamente nos escenarios Nonito Pereira (ubicado na Praza de María Pita) e Jaime Manso (no Parque de Santa Margarida).

 

PROGRAMACIÓN:

 

Venres 7 de agosto:

Escenario Nonito Pereira, Praza de María Pita.

20.00 horas – Cloaca

22.30 horas – Triángulo de Amor Bizarro

 

Escenario Jaime Manso, Parque de Santa Margarida

20.00 horas – Laura LaMontagne & PicoAmperio

22.30 horas – DL Blando

 

Sábado 8 de agosto:

Escenario Nonito Pereira, Praza de María Pita.

13:30 horas – Sara Sístole

20.00 horas – Pardo

22.30 horas – Víctor Coyote

 

Escenario Jaime Manso, Parque de Santa Margarida

12.30 horas – Viveiro Lydia Botana

20.00 horas – Allova

22.30 horas – Moura e a Irmandade Ártabra

 

Domingo 9 de agosto:

Escenario Nonito Pereira, Praza de María Pita.

13:30 horas – Zeltia e Irevire

20.00 horas – The Bo Derek’s

22.30 horas – Viúda Gómez e Hijos

 

Escenario Jaime Manso, Parque de Santa Margarida

12.30 horas – Viveiro Javier Becerra e Carolina Rubirosa

20.00 horas – Bush Doctors

22.30 horas – Ataque Escampe

 

Límite de aforo

Como acontece co resto dos espectáculos das Festas de María Pita 2020, os concertos do 34 Noroeste Estrella Galicia contarán cun aforo limitado a un  máximo de 400 persoas. Todos os concertos serán de balde, pero haberá que reservar entrada previamente.

A expedición das entradas que concederán acceso aos shows, será a través dunha plataforma dixital accesible na web do festival (www.festivalnoroeste.com) e tamén na URL https://corunacultura.sacatuentrada.es/. Para promover a ausencia de papel facilitarase ao público un código QR que poderán amosar á súa chegada ao recinto a través do seu terminal móbil.

Este espazo en liña de expedición de entradas está compartido co resto de eventos das festas da cidade e rexirán as mesmas normas. É dicir, cada persoa so poderá reservar un máximo de dúas localidades por espectáculo. As entradas serán nominais polo que haberá que facilitar os datos de ambas as dúas persoas que deberán identificarse ao chegar ao recinto. Búscase evitar aglomeracións e garantir que non se supera o aforo permitido, así como para ter identificadas ás persoas do público por motivos sanitarios de prevención da COVID-19.

Cada día as 10:00 h ábrese a taquilla virtual para facerse gratuitamente coas entradas dos eventos que terán lugar dous días despois. Así, as entradas dos concertos do venres estarán disponibles a esa hora o mércores 5; as do sábado o xoves 6; e as do domingo o venres 7.

 

Protocolo COVID

As portas para cada espectáculo abriranse 30 minutos antes do inicio do mesmo. Logo de cada un dos concertos, os espazos baleiranse para proceder á hixenización do mobiliario entre as montaxes. Nos accesos haberá xel hidroalcólico. Os asistentes aos espectáculos teñen que levar sempre posta máscara (salvo presentación de xustificante que acredite estar exento de levala).

Os recintos contan cun dobre perímetro de seguridade, sinalética nos accesos e asentos separados entre si 1,5 mts. para respectar a distancia social. Un equipo de acomodación situará ao público nas localidades. As distancias entre cadeiras non poderán modificarse a excepción daquelas persoas que precisen estar acompañadas por un motivo xustificado como a mobilidade reducida (haberá espazo reservado para elas).

Ao final do espectáculo deberase prestar atención ás indicacións do equipo de acomodación para evacuar o recinto.