Home » EVENTOS » Currently Reading:

O Mercado de San Agustín acolle con éxito a primeira xornada do ‘Pequepincho’, que se repetirá o vindeiro sábado e que xa ten todas as prazas cubertas

septiembre 8, 2018 EVENTOS No Comments

O mercado de San Agustín o escenario no que se desenvolveron os obradoiros infantís Pequepincho, enmarcados na XV edicion do Concurso de Tapas Picadillo. Trinta nenas e nenos, de idades comprendidas entre os 5 e os 9 anos, traballaron durante a mañá no proceso de elaboración gastronómica e adaptación das recitas de Picadillo da man da cociñeira Mayte Fernández. As e os participantes adaptaron as súas compras de produtos galegos realizadas no mercado ás receitas das tapas, tanto doces como salgadas.

O concelleiro de Emprego e Economía Social, e responsable de Turismo da Coruña, Alberto Lema probou as tapas preparadas polos rapaces e rapazas participantes e tivo palabras de recoñecemento polos resultados obtidos polas nenas e nenos, que finalmente recibiron un diploma. As tapas preparadas foron Bolas de Juana, Empanada de Don Remigio e de postre Re-La-Mi-Do, todas elas baseadas no libro ​La Cocina Práctica, de Picadillo. O responsable municipal destacou o interese dos nenos nesta actividade gastronómica así como na figura de Picadillo, á vez que lembrou que a iniciativa tamén ten o seu aforo completo para a súa segunda xornada, o próximo sábado, día 15, no que prepararán as mesmas tapas outras e outros trinta participantes.

O XV Concurso de Tapas (​http://tapaspicadillo.coruna.es​) coincide nesta edición co Centenario da morte de Manuel Puga y Parga, alcalde, gastrónomo, escritor, e un dos grandes persoeiros do imaxinario colectivo da Coruña. O certame inicia hoxe, sábado, a súa segunda semana, que se estrutura en catro rutas nas que máis de setenta establecementos da cidade ofrecen un total de 91 tapas distribuídas en tres categorías. Cincuenta participan na categoría tradicional e as 49 restantes fan o propio na categoría creativa. Existen, ademais, 22 tapas da categoría maridaxe que se ofertan cun viño da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Haberá tamén unha categoría extraordinaria: o Premio Especial Centenario, que distinguirá a mellor tapa que reinterprete unha das receitas do seu libro​ La cocina práctica.

Nunha primeira fase, un xurado de persoas expertas pertencentes ás escolas de hostalaría avaliarán as ofertas gastronómicas en todos os establecementos durante os días de concurso e elixirán ás cinco mellores tapas en cada unha das dúas categorías. Na segunda fase, un xurado no que participará a neta de Picadillo, Chau Fernández-Gago Puga, seleccionará os mellores pratos. Na categoría de maridaxe, o tribunal estará conformado por membros da Asociación Galega de Sumilleres. Entre os galardóns, que se entregarán o domingo 30 de setembro, nun acto que estará presidido polo alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, figuran o premio á mellor tapa creativa e á mellor tapa tradicional, así como o recoñecemento á mellor maridaxe con viños. Repetirase tamén o premio para a tapa por votación popular nos establecementos participantes, premio Cidade da Coruña.

Ciclo de cine e gastronomía

Neste mes celébrase no Fórum Metropolitano un ciclo de cine e gastronomía, que se prolongará ao longo de todo o mes de setembro, co gallo da XV edición do Concurso de Tapas Picadillo. Proxectaranse catro películas que relacionan as dúas facetas. As datas das sesións serán:

6, 7 e 8 de setembro: ​El Gatopardo​, de Luchino Visconti.
13, 14 e 15 de setembro: ​El guateque ​, de Blake Edwards
20, 21 e 22 de setembro: ​El cocinero, el ladrón, su esposa, y su amante ​, de Peter Greenaway 27, 28 e 29 de setembro: ​18 comidas,​ de Jorge Coira

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Comment on this Article: