Home » Sin categoría » Currently Reading:

O Pazo de Mariñan acolle a 30 nenos durante o mes de agosto

agosto 15, 2018 Sin categoría No Comments

A Deputación da Coruña asume unha vez máis a súa función solidaria e o seu compromiso coa sociedade coa cesión das instalacións do Pazo de Mariñán a 30 nenos e nenas da Fundación do Padre Ángel

Até o vindeiro xoves, 16 de agosto, o Pazo de Mariñán é a residencia de verán de 30 nenos e nenas que acompañados polos seus monitores e persoal de asistencia, gozan da incrible experiencia de aloxarse neste fermoso conxunto histórico-artístico que fica baixo a titularidade da institución provincial.

Ademais, os menores acollidos tamén son os protagonistas do conxunto de actividades programadas para a súa estancia en Mariñan, en que ademais de múltiples xogos, tamén ten experiencias tan emocionantes como a de ver o mar por primeira vez.

Esta nova actuación da Deputación da Coruña rememora outras iniciativas de similar calado realizadas polo Órgano Provincial en outras ocasións, como foi a acollida de familias de refuxiados durante a Guerra dos Balcáns, na década dos 90.

Durante estes días, o Padre Ángel, Premio Príncipe de Asturias da Concordia e Fundador de Mensaxeiros da Paz, realizou diferentes visitas aos nenos e nenas, participando dun xeito activo nunhas xornadas de ledicia que suporán un agasallo magnífico e inesquecíbel para pequenos e maiores.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Comment on this Article: