Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: Batidora Bosch por 37€ (Antes 49,95€)

OFERTA TODOCONSOLAS: Batidora Bosch por 37€ (Antes 49,95€)

Recent Articles:

DETIDO POR VIOLENCIA DE XÉNERO

noviembre 4, 2018 Sucesos Comentarios desactivados en DETIDO POR VIOLENCIA DE XÉNERO

Ás 22:30 horas do día 02, unha dotación da policía local procedeu á detención dun home por un delito de violencia de xénero. A actuación iniciouse con motivo dun aviso recibido na Sala do 092 no que informaban dun posible episodio de violencia de xénero nun domicilio da zona do mercado de Santa Lucía, onde un home estaba agredindo á súa parella. Unha vez no lugar, os policías atoparon diante do portal a unha muller que presentaba un alto estado de nerviosismo. Esta manifestou aos axentes que momentos antes discutira coa súa parellal e que, no transcurso da disputa, este lle propinou unha patada nunha perna que fixo que caese ao chan. Tras a discusión a botou de casa e non a deixaba entrar no domicilio. Os policías accederon ao inmoble para entrevistarse co home, quen tras abrir a porta recoñeceu aos policías que tivera unha forte discusión coa súa parella no transcurso da cal, esta lle deu unha bofetada e el, para defenderse, empurrouna, caéndose ela sobre a cama. O home tamén manifestou que intentara retela no domicilio e que cando ela conseguiu abandonar o mesmo, decidiu impedirlle a entrada. Á vista dos feitos, procedeuse á detención e posta a disposición xudicial deste home de 40 anos de idade e veciño da Coruña, sendo informado verbalmente do motivo da detención e dos dereitos que lle asisten. O detido quedou custodiado nos calabozos policiais a disposición xudicial e a muller foi trasladada ao Centro Médico Casa do Mar para a súa valoración médica.

O alcalde destaca que a tramitación de 233 expedientes urbanísticos en 15 días, ademais da aprobación por parte da Xunta de goberno da licenza dun edificio cun orzamento de 2,5 millóns, evidencia que “A Coruña é unha cidade viva cunha administración local dilixente”

noviembre 4, 2018 coruna Comentarios desactivados en O alcalde destaca que a tramitación de 233 expedientes urbanísticos en 15 días, ademais da aprobación por parte da Xunta de goberno da licenza dun edificio cun orzamento de 2,5 millóns, evidencia que “A Coruña é unha cidade viva cunha administración local dilixente”

O alcalde, Xulio Ferreiro, salientou este venres que os asuntos aprobados pola Xunta de goberno local deixan ver ás claras que “A Coruña é unha cidade viva, na que hai actividade e xeración económica e que conta cunha administración local dilixente”. Así, destacou que, en tan só 15 días, o Concello tramitou 233 expedientes de licenzas e outros títulos habilitantes. “A pesar do reiterado empeño de determinados grupos da oposición de falar de parálise, as cifras que hoxe ratificou o executivo municipal indican que o departamento de Rexeneración Urbana tramitou, entre outras, 57 licenzas urbanísticas, 91 comunicacións previas á execución de obras, outras 57 comunicacións previas a inicio de negocio ou actividades e 17 expedientes de exercicio de actividades en réxime de declaración responsable”, explicou o rexedor, que recordou que esta información é trasladada á Xunta de goberno de forma periódica atendendo ao compromiso adquirido tras a entrada en vigor da delegación no titular de Rexeneración Urbana da resolución das solicitudes de licenza cuxo orzamento de execución material sexa inferior a 1,2 millóns de euros, “e dentro da aposta pola transparencia na xestión”. “Pero, ademais, a Xunta de goberno local tamén concedeu a unha empresa a licenza solicitada para construír un edificio na rúa Marques de Amboage que constará de 24 vivendas, garaxes e trasteiros e que conta un orzamento previsto de 2,5 millóns de euros, motivo polo que debe ser aprobado de forma expresa por este órgano”, apuntou. A compañía, segundo a licenza aprobada, terá 6 meses para iniciar a obra, e outros 36 para executala.

… Leer más

A Concellería de Emprego impulsa a contratación de colectivos vulnerables nunha nova edición da xornada de innovación nas políticas de emprego Contrata talento

noviembre 4, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Concellería de Emprego impulsa a contratación de colectivos vulnerables nunha nova edición da xornada de innovación nas políticas de emprego Contrata talento

A Concellería de Emprego e Economía Social celebra o 9 de novembro a terceira edición da xornada de innovación nas políticas locais de empregoContrata talento,​ que fomenta “a contratación responsable e que incida nos colectivos que teñen máis dificultades á hora de acceder ao mercado laboral”. O edil responsable, Alberto Lema, sinala que o evento “segue a liña das políticas municipais de emprego que buscan estimular a creación de emprego de calidade grazas á aposta por unha economía social e a innovación”. A xornada, que se celebra no Paraninfo da Universidade da Coruña, realízase xunto ás entidades que forman parte do Pacto Local polo Emprego, en concreto, aquelas que conforman a mesa temática de promoción do emprego.

A xornada, que está dirixida a empresas ​interesadas en mellorar a súa responsabilidade social ao tempo que incrementar a súa competitividade, comezará cunha introdución sobre o Pacto Local polo Emprego como xeito de impulsar unha estratexia dende o ámbito municipal que teña en conta e na que participen ás entidades sociais da cidade. No evento abordaranse tamén os incentivos á contratación de persoas de colectivos vulnerables e a responsabilidade social empresarial dende o ámbito da inserción laboral. Ademais, catro das entidades que participan no Pacto Local polo Emprego –Cáritas, COGAMI, Down Coruña e Fundación Secretariado Xitano– falarán de experiencias e casos reais nunha mesa redonda.

Pódese atopar máis información sobre o programa e a inscrición na páxina web da Concellería de Emprego e Economía Social: ​www.coruna.gal/emprego

O espazo de dinamización xuvenil da Sagrada Familia ofrece este mes de novembro unha programación diversa aberta ao barrio

noviembre 3, 2018 coruna Comentarios desactivados en O espazo de dinamización xuvenil da Sagrada Familia ofrece este mes de novembro unha programación diversa aberta ao barrio

O punto de encontro para a mocidade da Sagrada Familia conta este mes de novembro cunha nova programación de actividades que abranguerá disciplinas como baile, maxia, origami ou ciencia, entre outras propostas. “Son as propias usuarias e usuarios do espazo as que, acompañadas polo equipo de dinamización do espazo, co-deseñan e levan a cabo as súas actividades. Son protagonistas tanto das súas accións como da toma de decisións das mesmas”, apunta a concelleira Claudia Delso.

O espazo, posto en marcha como proxecto piloto pola Concellería de Participación e Innovación Democrática o curso pasado, naceu co obxectivo de facilitar un punto de encontro aberto á xuventude de barrio e de ofrecer ferramentas “que lles permitan gañar autonomía persoal“, segundo sinala Delso. Situado no cuarto andar do centro social da Sagrada Familia, o espazo abre todas as tardes de martes a domingo, en horario de 17.00 a 21.00 horas. Os venres e sábados, días nos que se desenvolven os obradoiros, o punto de encontro amplía o seu horario de apertura até as 23.00 horas. Como pon de relevo a concelleira, ao cabo do mes, este espazo de referencia para a xuventude do barrio estará aberto durante 122 horas, “ofrecendo unha alternativa real de lecer para as mozas e mozos da Sagrada Familia”.

O mes de novembro arrincará cunha asemblea, que se realiza habitualmente dous xoves ao mes e que supón unha xuntanza na que as usuarias e usuarios deciden de maneira colectiva as actividades que se realizan no espazo. O primeiro obradoiro, que terá lugar mañá, venres, será sobre maxia, e partirá da idea de fomentar da autoestima da mocidade mediante a adquisición de novas habilidades. Na seguinte semana, o xoves 8 realizarán unha saída á biblioteca do barrio para bailar Beatbox, mentres que o venres 8 fomentarán a práctica de actividades en grupo e a competitivade sa mediante un torneo de Xbox. Xa o sábado 10, ao igual que o sábado 24, contarán cunha nova edición dos obradoiros de Henna, unha iniciativa moi demandada polo grupo e que lles permite empregar este pigmento para a creación de debuxos corporais temporais. Os últimos tres obradoiros do mes, que se celebrarán os días 16, 23 e 30, estarán vinculados á ciencia –no que se procurará estimular as inquedanzas do grupo e fomentar o seu interese polo coñecemento a través de pequeno experimentos–, Slime –no que desenvolverán actividades artísticas en equipo–, e de Origami –no que se achegarán ao mundo da papiroflexia–.

… Leer más

O embaixador de Estonia en España explicará na Deputación o proceso que converteu a este país na referencia dixital de Europa

noviembre 2, 2018 coruna Comentarios desactivados en O embaixador de Estonia en España explicará na Deputación o proceso que converteu a este país na referencia dixital de Europa

A Deputación da Coruña organiza o vindeiro mércores, 7 de novembro, unha xornada sobre economía dixital.

A actividade enmárcase no ciclo “Europa na provincia da Coruña”, organizado polo centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña Europe Direct, eten como obxectivo difundir entre os técnicos e responsables políticos dos concellos coruñeses os programas de financiamento europeo existentes en diversas materias.

“Nesta cuarta edición, contaremos con expertos de primeiro nivel que  contarán as súas experiencias no desenvolvemento da economía dixital como oportunidade para o desenvolvemento socioeconómico do territorio”; segundo explicou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que será o responsable de inaugurar a xornada, xunto coa directora do centro Europe Direct, Amparo Taboada. … Leer más

Contacto y notas de prensa

600451894