Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: Batidora Bosch por 37€ (Antes 49,95€)

OFERTA TODOCONSOLAS: Batidora Bosch por 37€ (Antes 49,95€)

Recent Articles:

O Goberno local inviste 1,5 millóns na mellora da funcionalidade e a conservación e posta en valor dos cemiterios de San Amaro, Oza e Feáns

noviembre 2, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Goberno local inviste 1,5 millóns na mellora da funcionalidade e a conservación e posta en valor dos cemiterios de San Amaro, Oza e Feáns

A concelleira de Medio Ambiente, María García, presentou actuacións de reforma e adecuación para os cemiterios de San Amaro, Oza e Feáns previstas polo Goberno local, que suporán un investimento de 1,5 millóns de euros cos que “se afondará na mellora doestado deste servizo público básico para a cidadanía ao tempo que se recuperan un patrimonio históricoe cultural de excepción”. As obras están destinadas a restaurar as instalacións e acondicionar os espazos “para axustalos á demanda cidadá de espazos máis cómodos e máis prácticos á hora de visitalos e tamén para crear zonas destinadas á reflexión e á contemplación máis axeitados nos lugaresonde enterramos aos seres máis próximos”. Tal e como sinalou a concelleira, a maior parte dasactuacións realizaranse no cemiterio de San Amaro, “un lugar con valor histórico, artístico e culturalinaugurado en 1813, no que están enterradas tamén moitas persoas ilustres e que foi escenario deepisodios históricos da cidade”.

Para conservar a singularidade do cemiterio de San Amaro vanse poñer en marcha diferentes accións, algunhas delas xa previstas no plan director do espazo, como a demolición da sala de recepción, que carece de valor histórico, e o traslado desta función á antiga sala de autopsias, do século XIX. “O espazoestá agora infrautilizado e só só acolle os vestiarios dos e das traballadoras, que se reubicarán na sala de servizos funerarios. A sala pasará a ter unha función de recepción máis acorde con ese valor patrimonialque ten”, indicou a edil. A obra ten un orzamento de 415.000 euros que se encadra na estratexia Eidus dacidade, dentro da liña de conservación e posta en valor dos cemiterios. Tamén seguirán esta liña de financiamento a demolición dos 300 nichos ilegais que están adosados no exterior do muro leste docemiterio, “que non son acordes co valor do entorno e cuxa obra foi paralizada porque non se adecúa á normativa”. A actuación prevé demoler os nichos, recuperar os muros de pedra do recinto e acondicionar o entorno coa creación dunha zona axardinada e pavimentada. Precisamente, está prevista outra obra que recupere este espazo e o converta nunha zona verde, accesible, con dúas prazas sobreelevadas e bancos “que aproveite un lugar privilexiado para crear un gran miradoiro ao mar e para a contemplación”.A obra, con cargo ao contrato de parques e xardíns, ten un orzamento previsto de 240.000 euros.

Dentro dos traballos previstos está tamén a restauración das cubertas de San Amaro, un labor que, como explicou a responsable municipal, vaise facendo de maneira progresiva, pero ao que se lle dará agora pulo coa actuación sobre 2.500 metros cadrados de cubertas dos nichos do terceiro departamento docemiterio. “Esta restauración dos tellados, que permite atallar as filtracións de auga, será integral e suporá tamén a instalación de novas canalizacións para a auga, novas drenaxes e reparacións da redeeléctrica”. Esta intervención conta con financiamento de 590.000 euros, dos que 370.000 pertencen a

O proxecto EidusCoruña está financiado ao 80% polo FEDER no marco do eixe de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España fondos Eidus. En total, o gasto enmarcado na Estratexia Integrada de Desenvolvemento Urbano Sostible ascende a 785.000 euros, que se repartirá en varias anualidades, como apuntou a responsable municipal. O proxecto EidusCoruña está financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do eixo de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE).

… Leer más

Xiao Varela presenta o novo paquete de obras de urbanización na Cidade Vella que, cun orzamento de máis de 3 millóns de euros, rehabilitará e fará máis accesibles as rúas Damas, Cortaduría e Rosario, ademais do entorno da Luís Seoane e San Carlos

noviembre 2, 2018 coruna Comentarios desactivados en Xiao Varela presenta o novo paquete de obras de urbanización na Cidade Vella que, cun orzamento de máis de 3 millóns de euros, rehabilitará e fará máis accesibles as rúas Damas, Cortaduría e Rosario, ademais do entorno da Luís Seoane e San Carlos

O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, anunciou en rolda de prensa, o novo paquete de actuacións de urbanización que o goberno local ten previsto acometer na Cidade Vella dentro do plan de revitalización do barrio. O edil indicou que estas obras, que xa foron trasladadas tanto á veciñanza como aos colectivos e actores implicados na dinamización deste espazo (na Mesa Cidadá da Cidade Vella) sobrepasan, en conxunto, os tres millóns de euros e se desenvolverán no ámbito da Maestranza (dando continuidade a unha primeira fase xa acometida entre a zona do Reitorado e o centro escolar de Dominicos), no entorno da Fundación Luís Seoane e nas rúas Damas, Cortaduría e Nosa Señora do Rosario. Todas cumpren cuns denominadores comúns como é busca da accesibilidade universal e a mellora do espazo público, coa retirada de barreiras arquitectónicas así como a necesidade de preservar o valor patrimonial dos pavimentos históricos. Estas actuacións enmárcase dentro das liñas de operación contidas no proxecto EidusCoruña, que está financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do eixe de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE).

… Leer más

O Punto Limpo Móbil achegarase a nove barrios da cidade durante o mes de novembro

noviembre 1, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Punto Limpo Móbil achegarase a nove barrios da cidade durante o mes de novembro

A Concellería de Medio Ambiente informa de que o Punto Limpo Móbil visitará no mes de novembro nove localizacións distintas da cidade. O servizo comezará o seu percorrido os días 2 e 3 de novembro no Campo de Marte, no barrio de Monte Alto. De cara a semana seguinte, dos días 6 ao 8 situarase na rúa Capitán Juan Varela, ao carón da Audiencia Provincial, mentres que os días 9 e 10 estará na praza das Conchiñas. De seguido, entre os días 13 e 15, o Punto Limpo trasladarase até o Castrillón, na praza Pablo Iglesias, e os días 16 e 17 achegarase á Gaiteira, á altura do número 31 da zona peonil. Xa na seguinte semana, entre o 20 e o 22 d de novembro, o servizo da área de Medio Ambiente atoparase en Monelos, fronte aos Novos Ministerios, e os días 23 e 24 estará nos Castros, á altura dos números 25-33 da avenida da Pasaxe. Finalmente, os días 27 e 28 estará dispoñible en Adormideras, na rúa Regata Cutty Sark, mentres que os días 29 e 30 a veciñanza poderá depositar os seus residuos os días 29 e 30 en Lonzas, no parque infantil da avenida de Cádiz.

En horario de 09.00 horas a 14.15 horas, as persoas que o desexen poderán empregar este servizo para depositar pequenas cantidades de certos residuos do fogar que non teñen cabida nos contedores das rúas, tales como aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, pilas CD, cristal, lámpadas e fluorescentes, pinturas de vernices, radiografías ou tóner, así como roupa, zapatos, xoguetes e pequenos electrodomésticos (televisores, microondas e computadoras). O vehículo conta cun operario para poder axudar á cidadanía a depositar cada residuo no contedor correspondente. A Concellería destaca que este servizo facilita a xestión de residuos e promove a reciclaxe a través da recollida selectiva.

O Concello apoia unha nova edición do Premio Emprende Coruña 2018, que abre o prazo de presentación de candidaturas

noviembre 1, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello apoia unha nova edición do Premio Emprende Coruña 2018, que abre o prazo de presentación de candidaturas

O Pazo de María Pita acolleu a presentación do Premio Emprende Coruña 2018, iniciativa impulsada pola Asociación de Jóvenes Empresarios da Provincia da Coruña (AJE Coruña) que conta co apoio do Concello. O responsable da área de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, puxo en valor esta XIX edición da proposta, que recoñece os proxectos máis salientables do tecido empresarial da provincia no presente exercicio, “así como a valentía de todas aquelas persoas que, no contexto actual, teñen a afouteza e a coraxe para idear un proxecto empresarial, botalo a andar e traballar para a súa consolidación”. A este respecto, o concelleiro destacou a aposta definitiva pola innovación que se está a dar no eido do emprendemento en Galicia. “Se revisamos a lista dos Premios AJE dos últimos tempos, podemos observar como cada vez este novo tipo de empresariado, que sabe que non existe presente nin futuro sen as TIC, vai cobrando maior protagonismo. Nesa aposta pola innovación, contarán co apoio do Concello da Coruña”, apuntou o edil.

O Premio Emprende Coruña 2018, que repartirá máis de 27.000 euros entre os galardóns, abre hoxe o prazo de presentación de candidaturas, que se manterá aberto até o día 29 de novembro. O requisito para poder optar a algúns dos dous premios principais e tres accésit — Premio Novo Empresario, Premio AJE Junior, Accésit RSC-Vegalsa Eroski, Accésit á creación de emprego Banco Sabadell e Accésit á Innovación– é que o capital social das empresas candidatas deberá estar participado nun 25% como mínimo por persoas físicas menores de 41 anos. Os galardóns entregaranse nunha gala que terá lugar o 29 de novembro en Fincas Montesqueiro. Para máis información sobre a iniciativa, pódese visitar o web ​www.ajecoruna.com

David Muñiz, ganador del concurso Street Art Desarrolla

noviembre 1, 2018 coruna Comentarios desactivados en David Muñiz, ganador del concurso Street Art Desarrolla

El Concurso Street Art Desarrolla, que repartió un total de 2.300 euros, ha entregado sus premios. El joven David Muñiz con 16 puntos resultó vencedor de esta cita que ha puesto en marcha la empresa constructora Desarrolla con el convencimiento de que arte y arquitectura están relacionados, amén de que el Street Art está íntimamente conectado con las edificaciones. La plaza de la Fábrica de Tabacos de A Coruña, lugar donde puede disfrutarse de las obras participantes en el certamen, fue el lugar elegido para el acto de entrega de los galardones. Allí posó el triunfador del concurso ante su obra y con su cheque.

El artista ganador, David Muñiz, fue también el que más puntuación recibió en la votación popular. Aldara Thunderbird fue segunda con 14,67 puntos y la tercera posición la ocupó ErrE con 13. Fueron también 13 los puntos otorgados a Saek a través del sistema de puntuación, pero la votación del jurado decidió el desempate a favor de Erre. El resto de la clasificación quedó como sigue: Comaro (10 puntos), Mayo (10 puntos), Xaco (7,33 puntos), Wala (5,67 puntos).

Los murales pueden verse en la Plaza de la Fábrica de Tabacos

Las obras se ejecutaron sobre un vallado de un local a reformar en la Plaza de la Fábrica de Tabacos en A Coruña, por lo que desde su elaboración están expuestas en una zona de tránsito, de tal modo que vecinos y viandantes pueden disfrutar de este arte urbano.

La idea es que una vez la obra termine y se proceda a retirar las vallas, se realice una subasta benéfica para dar una segunda vida a estos murales. Algo que se llevará a cabo siempre que el estado de los tablones que acogen las piezas artísticas lo permita, ya que se trata de obras que estarán meses a la intemperie.

Cuantía de los premios

Como ganador del concurso, David Muñiz se hizo acreedor de un premio de 1.000 euros, Aldara Thunderbird se llevó 500 euros por su segundo puesto, y Erre recibió 300 euros al ser el tercer clasificado.

La votación popular a través de la cuenta en Instagram de la firma organizadora (@desarrolla.constructora) representó el 50% de la puntuación y

… Leer más

Contacto y notas de prensa

600451894