Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: Batidora Bosch por 37€ (Antes 49,95€)

OFERTA TODOCONSOLAS: Batidora Bosch por 37€ (Antes 49,95€)

Recent Articles:

O programa da Escola de Empoderamento Feminista consolídase tras esgotar todas as prazas ofertadas da segunda edición

octubre 31, 2018 coruna Comentarios desactivados en O programa da Escola de Empoderamento Feminista consolídase tras esgotar todas as prazas ofertadas da segunda edición

A Escola de Empoderamento Feminista do Concello da Coruña consolídase na súa segunda edición, que comezou o pasado día 15, ao esgotar todas as prazas ofertadas para este trimestre. O programa, impulsado pola Concellería de Igualdade e Diversidade, naceu na primavera deste ano como unha proposta que sitúa o feminismo como eixe de transformación social, de cara a incrementar a participación activa das mulleres en todos os eidos sociais así como proporcionar coñecemento e sensibilización ao redor da igualdade entre as persoas participantes. Así, participando activamente en distintos obradoiros, a veciñanza pode ser parte, dende o empoderamento individual e colectivo, da acción pola igualdade, o fomento da corresponsabilidade e a creación de redes de apoio.

A Escola, cuxa inscrición é gratuíta, ofrece este trimestre oito propostas formativas diversas, vinculadas ao empoderamento a través das artes, os coidados ás persoas coidadoras, xénero e discapacidade, ou autodefensa fronte as violencias machistas, entre outras cuestións. Nesta segunda edición, cubríronse as 140 prazas ofertadas, tras recibir case 200 solicitudes de inscrición, “o que afonda na consolidación dun programa dotado dunha especial carga transformadora e que pretende expandir a conciencia feminista entre a cidadanía da Coruña”, segundo apunta a edil de Igualdade, Rocío Fraga. A este respecto, a responsable municipal lembra que nesta ocasión a Concellería fomentou a descentralización da iniciativa, ademais de ofrecer un servizo de canguraxe ou de interpretación de lingua de signos, “o que favoreceu sen dúbida o aumento de participación”. “É un sinal de que, cando o Concello pon ferramentas á disposición da veciñanza, esta fai uso das mesmas, o que repercute, finalmente, nunha cidade máis accesible, plural e igualitaria”, apunta.

… Leer más

O goberno local acorda con veciñanza e colectivos dentro da Mesa da Cidade Vella os criterios que rexerán o proceso de reordenación de terrazas, que terán en conta o especial valor patrimonial do ámbito

octubre 31, 2018 coruna Comentarios desactivados en O goberno local acorda con veciñanza e colectivos dentro da Mesa da Cidade Vella os criterios que rexerán o proceso de reordenación de terrazas, que terán en conta o especial valor patrimonial do ámbito

O Pazo de María Pita acolleu a reunión da Mesa da Cidade Vella, un espazo de traballo participado, conformado polo goberno local e os principais axentes implicados na revitalización e dinamización do barrio, entre os que se atopa veciñanza, representantes das e dos comerciantes e centro cívico, así como as comunidades escolares, culturais, relixiosas e militares da contorna. A xuntanza, que contou coa presenza do alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, os concelleiros de Rexeneración Urbana e Mobilidade Sostible, Xiao Varela e Daniel Díaz Grandío, e as titulares de Participación e Seguridade Cidadá, Claudia Delso e Rocío Fraga, serviu para consensuar os criterios que rexerán a proposta de ordenación para as terrazas deste ámbito, un procedemento anunciado logo da peonalización que se fixo efectiva o pasado mes de xuño. “Ademais de facer balance de todos estes meses, dende que a Cidade Vella quedou libre de coches tamén acordamos que o proceso de regulación das terrazas será similar ao que xa se aplicou na zona de Pepri, que ten como principios claves a seguridade e a accesibilidade”, comentou o edil Díaz Grandío, que manifestou que “no caso do casco histórico, non obstante, hai que ter en conta outras cuestións como a protección dos valores patrimoniais, as peculiaridades topográficas do barrio e a necesidade de preservar o carácter público de elementos do mobiliario urbano”.

“Cando procedemos á ordenación singular das terrazas da zona Pepri fixémolo tendo en conta tres supostos de actuación como son garantir o tránsito peonil, o paso e acceso dos vehículos de emerxencia e outorgar seguridade xurídica aos e ás hostaleiras sobre a súa instalación. Estes son os principios que rexerán a ordenación singular para a Cidade Vella pero, ademais, aquí temos que ter especialmente a protección de todos os bens e espazos catalogados, así como dos equipamentos culturais, educativos e institucionais”, aclarou.

No marco desta xuntanza, o concelleiro Varela tamén dou conta das actuacións en materia de rehabilitación que o goberno local ten pensando acometer neste ámbito e entre as que se atopa “a segunda fase na Maestranza (onde xa se acometeu a repavimentación da lousa de pedra entre Isabel Zendal e Julio Portela Ceballos), así como intervencións no entorno da Luís Seoane e as rúas Nosa Señora do Rosario, Damas e Cortaduría”. O responsable municipal incidiu en que estas actuacións están “encamiñadas á revitalización da Cidade Vella”. As mesmas enmárcanse dentro das liñas de operación contidas no proxecto EidusCoruña, que está financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do eixo de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (antes POCS).

Por outro lado, a responsable de Seguridade Cidadá puxo en valor o traballo realizado pola Policía Local ao longo destes meses, logo da peonalización da Cidade Vella. “Neste momento a peonalización xa está interiorizada, é certo que durante o verán houbo que facer un maior traballo de concienciación xa que, por exemplo, a maioría das sancións se produciron durante o mes de xullo e no entorno de Maestranza, Oceanográfico e Campo da Estrada”, comentou a concelleira Fraga.

O Concello constitúe o Consello Local da Saúde xunto a 28 entidades da cidade do ámbito da saúde e representación de todos os grupos da corporación municipal

octubre 31, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello constitúe o Consello Local da Saúde xunto a 28 entidades da cidade do ámbito da saúde e representación de todos os grupos da corporación municipal

O pazo de María Pita acolleu a constitución do Consello Local da Saúde, un ente de carácter consultivo, que supón un avance na consolidación da Coruña como cidade saudable. Presidido polo alcalde, Xulio Ferreiro, e integrado por distintas entidades do ámbito da saúde, ten como obxectivo crear un novo espazo de participación e debate no que acordar e impulsar propostas neste ámbito, así como poñer en marcha accións orientadas á mellora da calidade de vida da cidadanía. Impulsado polo goberno local e, en concreto, pola Concellería de Xustiza Social e Coidados, o Consello da Saúde conta neste momento coa adhesión de 28 asociacións e federacións do ámbito socio-sanitario, ademais da representación do goberno local e do resto de formacións con representación na corporación municipal. O rexedor salientou ante os medios que este novo órgano “debe servir como lugar de encontro e de diálogo para o deseño de políticas, especialmente de prevención que é o onde temos máis competencias, pero tamén como foro no que traer discusións sobre temas capitais como, por exemplo, a solución máis acaída para a necesaria ampliación do Chuac ou as súas necesidades actuais “.

Ferreiro tamén destacou o feito de que a iniciativa do Consello Local da Saúde “obtivo unha gran resposta dende o primeiro día por parte das entidades socio-sanitarias da cidade así como polo resto de formacións políticas con representación na corporación”. “Hai asuntos de cidade nos que é necesario que todos rememos do mesmo lado, a saúde é un deles”, apuntou.

… Leer más

As Xornadas do Bacallau pechan en novembro as actividades do Ano Picadillo coa reinterpretación de receitas do exalcalde e gastrónomo por parte de 15 restaurantes da cidade

octubre 31, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en As Xornadas do Bacallau pechan en novembro as actividades do Ano Picadillo coa reinterpretación de receitas do exalcalde e gastrónomo por parte de 15 restaurantes da cidade

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, presentou as Xornadas Gastronómicas do Bacallau, o evento que pecha as actividades de homenaxe a Manuel María Puga y Parga, Picadillo, no centenario do seu pasamento e nas que participarán, entre o 1 e o 18 de novembro, 15 restaurantes da cidade que ofrecerán un menú baseado en receitas do exalcalde. O tamén presidente do Consorcio de Turismo presentou tamén a guía titulada ​Picadillo: Descubre o auténtico sabor dunha cidade única. Seis Rutas para coñecer A Coruña,​ que recolle as diferentes facetas de Manuel María Puga y Parga como alcalde, gastrónomo e escritor “para relacionar a A Coruña actual coa de hai 100 anos, a de Picadillo”. Esta publicación, que está editada en galego, castelán e inglés, formará parte do material promocional sobre a cidade do Consorcio de Turismo.

“Picadillo baseaba os seus libros na cociña tradicional e nos produtos populares e hai un século, e aínda hoxe, un deles era o bacallau, un prato que merece ser tratado e recuperado polos nosos cociñeiros e cociñeiras tanto nas fórmulas tradicionais como nunha cociña de vangarda”, explicou Lema, que lembrou o valor estratéxico que ten a gastronomía dentro do impulso ao turismo na cidade, que acolle eventos xa consolidados como o Boucatise ou o propio concurso de tapas Picadillo e que este ano se ampliou coa celebración do Festival SAL. Con motivo do centenario do exalcalde, Turismo reforzou tamén as actividades gastronómicas relacionadas coa súa figura. A xerenta do Consorcio de Turismo, Lanzada Calatayud, indicou que a XV edición do Concurso de Tapas Picadillo veu acompañada por toda unha serie de actividades adicionais para lembrar ao exalcalde, gastrónomo e escritor, como un premio especial no concurso de tapas, un ciclo de cine e gastronomía ou o concurso realizado a través de redes sociais ​A miña mellor receita galega de culler.​ “Desde Turismo estamos orgullosos de levar a cabo esta homenaxe a Picadillo por ser unha figura que en todas as súas facetas merecía unha posta en valor e máis cando estamos a facer unha aposta forte polo segmento de turismo gastronómico autóctono”, apuntou. Neste sentido, Calatayud defendeu que “Picadillo foi un pioneiro na posta en valor da gastronomía de calidade e da cociña autóctona polo que esperamos ter contribuído non só a homenaxear a súa figura e o seu legado senón tamén a difundir a súa figura entre os visitantes xa que é unha parte fundamental da cultura gastronómica coruñesa”.

… Leer más

O Concello reforza o servizo de transporte público colectivo aos cemiterios pola celebración de Todos os Santos

octubre 31, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello reforza o servizo de transporte público colectivo aos cemiterios pola celebración de Todos os Santos

A Concellería de Mobilidade Sostible activará este xoves, 1 de novembro, un dispositivo especial de cara a aumentar a cobertura do servizo de transporte público urbano na contorna dos cemiterios situados no termo municipal. Con motivo da festividade de Todos os Santos, o Concello prevé unha maior afluencia da cidadanía aos camposantos de San Amaro, San Pedro de Visma, Oza e San Cristovo das Viñas tanto na xornada de mañá, 31 de outubro, como o propio xoves 1.

Así, durante os días 31 e 1, reforzaranse as liñas 23 e 23A con dous autobuses, de xeito que a frecuencia combinada de ambas será de 15 minutos. Xa de cara ao xoves, reforzarase a liña 3, dando servizo aos cemiterios de San Pedro de Visma e de San Amaro, cunha frecuencia combinada, coa liña 3A, de 15 minutos. No caso de Visma, poderase chegar tamén mediante as liñas de transporte colectivo 12 e 14.

Do mesmo xeito, a liña 11, cun percorrido transversal da cidade –e con transbordo a todas e cada unha das demais liñas–, contará con dous autobuses adicionais ao longo de toda a xornada que darán, á vez, servizo ao cemiterio de San Amaro cada 17 minutos. As restantes zonas da cidade comunicaranse con San Amaro a través das liñas 4, 5, 6, 6A, 7 e 17, mentres que o cemiterio de Oza contará coas liñas 1, 12A, e 14. Finalmente, as liñas 5, 12A e 22 darán cobertura ao camposanto de San Cristovo das Viñas.

Contacto y notas de prensa

600451894