Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: Batidora Bosch por 37€ (Antes 49,95€)

OFERTA TODOCONSOLAS: Batidora Bosch por 37€ (Antes 49,95€)

Recent Articles:

EL HOSPITAL HM MODELO CUMPLE SU QUINTA TEMPORADA COMO CENTRO MÉDICO OFICIAL DEL REAL CLUB DEPORTIVO

octubre 31, 2018 coruna Comentarios desactivados en EL HOSPITAL HM MODELO CUMPLE SU QUINTA TEMPORADA COMO CENTRO MÉDICO OFICIAL DEL REAL CLUB DEPORTIVO

Tino Fernández, presidente del Real Club Deportivo, y Rafael Silva, director territorial de HM Hospitales en Galicia, han firmado el acuerdo de renovación por el que el Hospital HM Modelo seguirá siendo el centro médico oficial del club blanquiazul. El convenio tiene vigencia hasta el final de la temporada 2019-2020 y sirve para reforzar la estrecha relación que ha existido entre ambas entidades a lo largo de los últimos años: la campaña 2018-2019 es la quinta en que ambas están vinculadas.

firma renovacion del contrato con hm modelo con tino fernandez y rafael silva en la plaza de pontevedra 29/10/2018

El Hospital HM Modelo se convirtió en centro médico oficial del Real Club Deportivo en verano de 2014 y, desde entonces, los jugadores del primer equipo blanquiazul se han sometido a las pruebas médicas pertinentes en el centro coruñés de HM Hospitales. Este verano, también realizaron las pruebas de esfuerzo de pretemporada en el Policlínico HM Matogrande, centro de referencia de Medicina Deportiva en Galicia. A través de este acuerdo, los aficionados del Club pueden seguir de cerca la actualidad del primer equipo, ya que el Deportivo ofrece información sobre el estado de salud de los jugadores a través de la página web rcdeportivo.es y de las redes sociales. … Leer más

O Concello destina 30.000 euros a impulsar o a formación e apoio ás pemes a través dun convenio coa Asociación de Jóvenes Empresarios

octubre 30, 2018 coruna Comentarios desactivados en O Concello destina 30.000 euros a impulsar o a formación e apoio ás pemes a través dun convenio coa Asociación de Jóvenes Empresarios

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, asinou esta mañá un convenio coa Asociación de Jóvenes Empresarios de A Coruña (AJE) para a realización do programa de emprendemento empresarial Adiante!, unha iniciativa de formación sobre o autoemprego e que busca tamén dar ferramentas para estimular o crecemento e manter a actividade das pequenas e medianas empresas na cidade. Mediante esta subvención, de 29.973 euros, a asociación levará a cabo, ata final de ano, xornadas de divulgación e formación, así como titorías. O edil salienta “a formación especializada e o apoio profesional no eido do emprendemento como fundamental para dar seguridade nos primeiros pasos dun negocio”.

As actividades programadas pola asociación proporcionarán métodos e ferramentas para iniciar unha actividade empresarial e aportar o coñecemento sobre as diferentes áreas dun negocio. Porén, ademais de impulsar o emprendemento, AJE preparará tamén formación específica e de consultoría para os proxectos empresariais que xa están en marcha e que poden presentar problemas que comprometan a súa continuidade.

MUTUA GALLEGA E IBERMUTUAMUR APRUEBAN DEFINITIVAMENTE SU FUSIÓN

octubre 30, 2018 coruna Comentarios desactivados en MUTUA GALLEGA E IBERMUTUAMUR APRUEBAN DEFINITIVAMENTE SU FUSIÓN

Las Juntas Generales Extraordinarias de Mutua Gallega e IbermutuamurMutuas Colaboradoras con la Seguridad Socialhan dado hoy su visto bueno al proceso de integraciónpor fusiónde ambas en una nueva entidad, que se convertirá así en una de las líderes del sector, tercera mutua a nivel nacional y primera en Galicia por cuota de mercado. Se estima que tendrá un volumen de gestión superior a los 1.000 millones de euros y un 9% de participación en el conjunto del sector, situándose a la cabeza del mismo por eficiencia y solvencia.

Tras la aprobación reglamentaria, se enviará el convenio de fusión a la Secretaría de Estado de la Seguridad Social para su autorización definitiva. La entidad resultante asegurará el mantenimiento de su solvencia plena con la dotación y cobertura de sus provisiones y reservas.  … Leer más

Mobilidade destaca que o aumento da conectividade do bus urbano dende o Materno cara aos barrios da cidade “dá resposta a unha demanda histórica da veciñanza”

octubre 30, 2018 Trafico Comentarios desactivados en Mobilidade destaca que o aumento da conectividade do bus urbano dende o Materno cara aos barrios da cidade “dá resposta a unha demanda histórica da veciñanza”

O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, salientou a normalidade coa que discorre a primeira xornada de aplicación dos cambios introducidos nas liñas de transporte urbano 12, 12A e 17, que pasan a ter a súa cabeceira no Materno Infantil, de forma que o Concello amplía de forma notable a conectividade con este centro hospitalario. O edil, que fixo unha comprobación ​in situ​, salientou que, segundo as conversas mantidas tanto coa Compañía de Tranvías como coa propia Xerencia do Sergas, “a ampliación dos percorridos destas tres liñas de bus, así como a modificación do percorrido dos buses que paran no CHUAC, estase a levar a cabo sen incidencias reseñables, as habituais neste tipo de modificacións”. “Os despistes que se poidan producir por parte de usuarios iranse reducindo nos vindeiros días”, dixo o responsable municipal, que puxo en valor a importancia “do aumento de conectividade do Materno Infantil”. “Aplicamos un cambio demandado e de xustiza nestas liñas, favorecendo a conexión dos barrios da cidade con este importante equipamento”, explicou Díaz Grandío, que incidiu, ademais, en que “a modificación de paradas en todas as liñas que chegan ao Hospital Universitario, que deixan de facer un percorrido ao redor do centro sanitario, favorece tamén a operatividade dos vehículos de emerxencias que saen e entran ao Chuac”.

Grandío comentou que “as paradas de bus contan xa con información actualizada do novo trazado das liñas”, aínda que, de cara a reforzar o seu coñecemento, “a Policía Local estará especialmente presente neste ámbito durante estas xornadas”. “A Concellería de Mobilidade Sostible está a colaborar estreitamente cos servizos de seguridade municipais xa que, tan importante como ampliar as liñas de bus e dar servizo á poboación, é que os e as usuarias dos vehículos privados aparquen nas zonas habilitadas”, destacou. “É preciso que os e as condutoras sexan conscientes da necesidade de respectar os espazos tanto do transporte público como dos vehículos de emerxencia. Ademais do labor que está a desenvolver a Policía Local, está previsto afianzar nos próximos días a sinalización horizontal e vertical na zona para erradicar as prácticas de mal aparcamento”, anunciou.

Modificacións

Até esta xornada, tan só dúas liñas de autobús, a 20 e a 22, ambas circulares, chegaban ao hospital Materno. Agora, ademais destas, o espazo hospitalario queda unido co resto da cidade a través das liñas 12, 12A e 17, de forma que se gaña conectividade directa co barrio de Monte Alto, ademais de coa rolda de Nelle, Labañou, Catro Camiños, a zona baixa dos Rosais, a rolda de Outeiro e Os Castros.

Por outro lado, e de cara a favorecer a circulación dos vehículos de emerxencias no entorno do CHUAC, prodúcese a modificación das liñas que chegan ao Hospital Universitario da Coruña. Desta forma, a parada número 58, denominada Chuac-Urxencias, queda eliminada, xa que as diferentes liñas farán agora a súa parada na 59, Chuac-Glorieta. Pola súa banda, os autobuses 12, 12A e 17 contan con paradas na 275, Avenida da Pasaxe-Gasolineira, e na 293, Avenida da Pasaxe-Materno Infantil, que pasará a ser a de inicio do percorrido das liñas.

O goberno local tramita de forma anticipada a convocatoria de axudas, por valor de 150.000 euros, para proxectos que fomenten a igualdade e a visibilización das diversidades

octubre 30, 2018 coruna Comentarios desactivados en O goberno local tramita de forma anticipada a convocatoria de axudas, por valor de 150.000 euros, para proxectos que fomenten a igualdade e a visibilización das diversidades

O goberno local tramita de forma anticipada a convocatoria de axudas para o vindeiro ano para proxectos que fomenten a igualdade e a visibilización das diversidades. Segundo hoxe explicou en rolda de prensa a concelleira do ramo, Rocío Fraga, desta forma, as entidades sociais da cidade ás que está dirixida esta liña de subvencións poderán optar á mesma dende o inicio do vindeiro ano, independentemente dos tempos administrativos. A tramitación anticipada desta convocatoria, para a que o executivo municipal reserva 150.000 euros, será aprobada nos próximos días na Xunta de goberno local, para posteriormente ser publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) antes da apertura do prazo de presentación de solicitudes. “O que pretendemos é achantar o camiño o máis posible ás asociacións sen ánimo de lucro do ámbito das diversidades e a igualdade. A tramitación anticipada garante que a convocatoria se resolva dentro do primeiro trimestre de 2019, de forma que as entidades beneficiaras poidan contar co financiamento preciso para levar a cabo durante todo o vindeiro exercicio os proxectos que deseñen sen necesidade, se así o desexan, de adiantar fondos para a súa execución”, explicou.

Fraga explicou que o montante de 150.000 euros, do mesmo xeito que en pasadas edicións, contempla dúas liñas de subvencións: unha, dotada de 60.000 euros, e destinada a fortalecer o movemento asociativo pola igualdade e diversidade na Coruña, e outra para o financiamento de proxectos e actividades concretas, neste caso por 90.000 euros.

A súa vez, os proxectos potencialmente subvencionables divídense en tres supostos: aqueles que fomenten a igualdade de xénero e a erradicación das violencias machistas, os que afonden na promoción activa e na defensa do colectivo LGTBQI e na promoción de actividades para a identificación de delitos de odio, así como os que impulsen procesos de formación e sensibilización social tendentes á construción dunha cidadanía global. A titular de Igualdade destacou a incorporación na nova convocatoria deste terceiro suposto de actuación, “que basicamente ten por obxecto contribuír ao financiamento de proxectos que poidan xerar procesos e participación e de acción cidadá, reafirmando os vínculos existentes entre desenvolvemento, xustiza e equidade”. As accións deberán incidir en temáticas tales como saúde e benestar (centrándose especialmente no ámbito dos dereitos sexuais, loita contra o VIH e saúde infantil), igualdade de xénero, empoderamento feminino e promoción de sociedades xustas, pacíficas e inclusivas. A concelleira convidou as entidades da cidade a participar nesta convocatoria de axudas, así como recordou a necesidade de que as asociacións que se presenten á mesma figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacóns da Coruña (REMAC).

Espazo Diverso

Por outro lado, a concelleira Fraga indicou que, pechado xa o anterior expediente tras a resolución do Tribunal Administrativo de Contratación, o goberno local ten todo a punto para iniciar, de novo, a tramitación de urxencia do contrato polo que se xestionará o Espazo Diverso. A responsable municipal recordou que o novo contrato polo que se xestionará este servizo estará mellor dotado orzamentariamente e ofrecerá á cidadanía un maior número de prestacións, reforzando a atención psicolóxica e xurídica e atendendo tamén á dinamización, sensibilización e fomento da visibilidade de persoas LGTBQI. A edil, que convidou as entidades do ámbito das diversidades a participar na nova convocatoria, comentou tamén que aínda que nestes momentos o Espazo Diverso non está operativo “o servizo que prestaba estase a dispensar tanto a través do propio servizo municipal de Igualdade e Diversidade como cos recursos existentes no COF (Centro de Orientación Familiar”).

Contacto y notas de prensa

600451894