Coruña Infantil – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los eventos y noticias para los mas peques solo tienes que hacer CLICK AQUI

Coruña Atrapa – CLICK AQUI

Para acceder a la mejor web que te puede informar de los mejores locales y sitios que visitar en Coruña haz CLICK AQUI

O Concello levará a 50 estudantes de ciclos medios a facer prácticas laborais en empresas de varios países de Europa durante tres meses

O Concello da Coruña convocará no mes de novembro as primeiras 30 prazas do programa Bolsas Europa FP­Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A …

OFERTA TODOCONSOLAS: Batidora Bosch por 37€ (Antes 49,95€)

OFERTA TODOCONSOLAS: Batidora Bosch por 37€ (Antes 49,95€)

Recent Articles:

O Concello colabora na programación da Mobile Week Coruña cunha charla sobre a innovación TIC no ámbito municipal e obradoiros tecnolóxicos

noviembre 15, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O Concello colabora na programación da Mobile Week Coruña cunha charla sobre a innovación TIC no ámbito municipal e obradoiros tecnolóxicos

O edil de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou a programación do Concello dentro da súa colaboración coa primeira edición da Mobile Week Coruña, “un evento de transcendencia e relevancia de cidade” que se celebra na Coruña e a súa área metropolitana entre o 21 e o 28 de novembro. “Somos a primeira cidade fóra de Barcelona que é escollida como sede da Mobile Week, unha oportunidade histórica que non vén da nada. Ten que ver co posicionamento da cidade en termos de innovación e de tecnoloxía, con proxectos e contribucións como Coruña Dixital, o proxecto Red.es, a plataforma de participación A Porta Aberta, a propia actividade dos museo científicos sobre divulgación e innovación, cuestións como a aposta pola migración ao software libre ou incluso algúns proxectos de cidade como a EidusCoruña, na que se plantexa esa perspectiva dunha cidade que avance a través de pautas de innovación”, manifestou o edil, quen cualificou a programación como un “maremagnum brillante que servirá de espazo de reflexión e de divulgación co obxectivo principal e achegarse a cidadanía e ter un efecto divulgativo e democratizador” da innovación tecnolóxica”. O concelleiro de Culturas estivo acompañado na rolda de prensa polo responsable municipal de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, quen agradeceu “á organización e ás persoas que pularon porque a nosa cidade fose elixida sede deste evento”, o director executivo da Mobile Week Coruña e membro da directiva do Club Financiero Atlántico, Guillermo Taboada, e a coordinadora de contidos e actividades do evento, María José Malmierca.

… Leer más

A Deputación convoca un concurso de pintura mural contra a violencia machista

noviembre 15, 2018 Exposición Comentarios desactivados en A Deputación convoca un concurso de pintura mural contra a violencia machista

A Deputación da Coruña convoca, dentro do programa “Quen dixo medo?” da área de Igualdade, un concurso de pintura mural para sensibilizar contra a violencia de xénero. O prazo para presentarse remata o vindeiro 24 de novembro. A Deputación estima que máis de 6.000 persoas participen no programa que está a promover en corenta concellos de menos de 20.000 habitantes.

Con motivo da conmemoración do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres o vindeiro día 25 de novembro, a área de Igualdade da Deputación da Coruña convoca o concurso  “Pintura mural QDM?”, unha iniciativa encamiñada a sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de actuar contra a violencia machista. … Leer más

O alcalde convida á cidadanía a acudir á LXXIII edición do Teresa Herrera

noviembre 15, 2018 Deportes Comentarios desactivados en O alcalde convida á cidadanía a acudir á LXXIII edición do Teresa Herrera

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, recibiu no pazo de María Pita aos equipos participantes na LXXIII edición do Trofeo Teresa Herrera de Fútbol, que este ano enfrontará ao Deportivo da Coruña co Athletic Club de Bilbao. No acto, o rexedor salientou as particularidades desta edición “que se celebra en novembro, e non en agosto, como é habitual, debido ás obras que se acometen de Riazor, de máis de 7 millóns de euros, que xa están próximas ao seu remate e que permitirán que a cidadanía teña un estadio máis seguro, máis cómodo e máis accesible”. “O Teresa Herrera deste ano conta con novidades, como é o cambio de data debido a unhas obras moi demandadas que están a piques de rematar, pero conta con outros fitos que, felizmente, xa non son noticia nesta cidade, como que contamos con competición feminina”, dixo o primeiro edil no marco dun acto no que tamén estaban presente a concelleira de Igualdade, Rocío Fraga, e o titular de Deportes, José Manuel Sande, ademais dos presidentes do Deportivo e o Athletic, Tino Fernández e Josu Urrutia, o da Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña (AFAC), Manuel Vázquez, e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Juan Luis Villamisar.

A preguntas dos medios e en canto á evolución das obras no estadio de Riazor, Ferreiro comentou que a día de hoxe as estruturas fundamentais están practicamente rematadas e o que resta é finalizar a colocación da placas da cuberta. “Como saben as actuacións ralentizáronse un pouco as últimas dúas semanas debido á situación metereolóxica”, engadiu, á vez que manifestou que, non obstante, “neste momento, as actuacións xa non supoñen ningunha molestia para os afeccionados”. “O inicio da Liga fixo que efectivamente cada partido significase un pequeno parón nas obras pero creo que conseguimos o obxectivo fundamental de levar a cabo todos os partidos en Riazor, que en breve vai ter rematada unha actuación que garantirá unha cuberta en condicións, que garantirá maior seguridade, visibilidade e que non haxa pingueiras no estadio”, comentou. Unha vez rematada a colocación da membrana de cuberta, cos seus desaugues e xuntas, procederase a instalar a pasarela solicitada pola Inspección de Traballo. Ao fío, o responsable municipal tamén salientou o avance das obras da rúa Manuel Murguía, que contará con beirarrúas adaptadas á normativa de accesibilidade unha vez que se complete a reforma iniciada xa na marxe do estadio de Riazor.

… Leer más

A Deputación da Coruña licita por 425.594 euros as obras de mellora da estrada DP 1708 ao seu paso por Culleredo, Carral e Cambre

noviembre 15, 2018 coruna Comentarios desactivados en A Deputación da Coruña licita por 425.594 euros as obras de mellora da estrada DP 1708 ao seu paso por Culleredo, Carral e Cambre

A Deputación da Coruña vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado o anuncio de licitación das obras da estrada provincial DP 1708 ao seu paso polos núcleos de Castelo (Culleredo), Tabeaio (Carral) e a parroquia de Andeiro (Cambre).

Estas obras contan cun orzamento de 425.594,68 euros para acometer os traballos de renovación do firme nun tramo de preto de 5 quilómetros que vai dende o inicio da estrada até o punto quilométrico 5+250, en Cambre. … Leer más

Arriva Galicia donará parte de su recaudación a los proyectos de la Fundación Andrea para apoyar a niños con enfermedades de larga duración, crónicas o terminales

noviembre 15, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en Arriva Galicia donará parte de su recaudación a los proyectos de la Fundación Andrea para apoyar a niños con enfermedades de larga duración, crónicas o terminales

La empresa de transporte Arriva Galicia desarrollará una iniciativa solidaria cuya recaudación se destinará a apoyar a niños con enfermedades de larga duración, crónicas o terminales. Así lo recoge el convenio de colaboración firmado por representantes de Arriva Galicia y de la Fundación Andrea en Santiago.

El director general de Arriva Galicia, Juan Gómez Piña, y la presidenta de la Fundación Andrea, Charo Barca, fueron los encargados de rubricar el acuerdo a través del cual Arriva Galicia donará a la Fundación Andrea el 5% de los billetes de autobús expedidos durante los días comprendidos entre el 10 y el 16 de diciembre dentro de la iniciativa “Semana solidaria de Arriva Galicia”. Además, la compañía de transporte rotulará sus buses con la imagen gráfica de la campaña para dar a conocer entre sus usuarios la colaboración con la Fundación Andrea. … Leer más

Contacto y notas de prensa

600451894