Featured Articles

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, vén de anunciar que o Goberno local organizará o vindeiro martes 17 de maio, día das Letras Galegas, unha xornada de portas abertas no Pazo de María Pita á fin de realizar “un tributo necesario”, segundo cualificou o edil, ao escritor de Outeiro de Rei Manuel María, coa lectura pública dos seus textos desde o balcón do edificio municipal. “Manuel María foi veciño da Coruña na última etapa da súa vida e abrazou esta cidade malia non ter nacido nela. A súa obra é patrimonio de todas e todos os coruñeses e temos a obriga de poñela en valor e coidala”, explicou Sande, quen sinalou que o acto, “cun importante compoñente simbólico”, pretende “achegar as creacións” do homenaxeado das Letras Galegas a toda a cidadanía. “Este Goberno, coma Manuel María, quere amosar xeito firme o seu compromiso inquebrantable coa cultura e a lingua galega, así como coa obra e memoria dun autor que non debe caer no olvido”, engadiu o concelleiro. A lectura pública de textos P regoa a voz! d e Manuel María é unha convocatoria aberta a toda a veciñanza que desexe participar. Terá lugar ás 12.00 horas do mesmo día 17, e todas aquelas persoas interesadas en intervir nesta homenaxe poderán inscribirse de xeito gratuíto a través da web municipal w ww.coruna.es/cultura ou do teléfono de atención cidadá 010. 1 COMUNICADO DE PRENSA O responsable municipal sinalou que o recital “será unha das diversas maneiras de festexar un día grande para toda a cultura”, e virá acompañada por distintas actividades nas que tamén terán protagonismo as Irmandades da Fala. O concelleiro sinalou que “a intención do Goberno local é que a actividade das Letras Galegas e literatura do país se extenda alén do mes de maio, enchendo de excelencia a programación cultural”. Neste sentido, Sande lembrou que as Bibliotecas Municipais da Coruña acollen durante todo o mes numerosas lecturas e concertos arredor da figura de Manuel María, “e ao longo do ano realizan un abondoso e magnánimo labor a prol da cultura galega” con exposicións bibliográficas “e recomendacións de materiais ás e os usuarios” dos centros. Ademais destes concertos, o Centro Ágora acollerá o sábado 14 unha nova edición do A goraSón, un espectáculo organizado polo Servizo de Normalización Lingüística co fin de promover a lectura en lingua galega, e que este ano contará coa presenza de Guadi Galego. Os convites para asistir ao concerto, que comezará ás 21.00 horas, repártense ata esgotárense nas Bibliotecas Municipais da Coruña ao coller en préstamo libros en galego. No centro sociocultural do Agra do Orzán tamén terá lugar o Día das Letras Galegas un novo espectáculo de Bebescena, o ciclo de artes escénicas para nenas e nenos de entre 1 e 3 anos. Será Xente miúda, moita fartura, do músico Pablo Díaz, un traballo no que participaron artistas como Olga Kirk ou Xabier Díaz. As entradas están esgotadas para as dúas sesións programadas. Finalmente, o mesmo día 17 o Concello da Coruña colaborará co Consello da Cultura Galega na organización do C oncerto das Letras 2016, que se celebrará por vez primeira na cidade, e no que actuará a banda Milladoiro. Os convites para asistir ao espectáculo, que acollerá o Teatro Rosalía Castro desde as 21 horas, repártense no despacho de billetes da Praza de Ourense, de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 horas. Cada persoa poderá levar como máximo dúas entradas.

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, participou en representación do Concello, na reunión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña (AP), escenario no que expuxo a proposta do …

Continue reading